Lei 3/2011, do 30 de Xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. Esta lei ten por obxecto recoñecer a familia como estrutura básica da sociedade e ámbito natural de desenvolvemento da persoa, regulando a obriga que os poderes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia teñen de apoiar e protexer as familias e os seus membros, e, en especial, os nenos e as nenas e os e as adolescentes..
Convención sobre os dereitos do neno. Tratado internacional para a defensa da infancia adoptado polas Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989
LEI 4/2011, do 30 de Xuño, de convivencia e participación. Esta lei ten por obxecto regular as normas básicas de convivencia nos centros docentes comprendidos no seu ámbito de aplicación e a participación directa das familias así como do resto da comunidade educativa no ensino e no proceso educativo, en exercicio das competencias sobre regulación e administración do ensino atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia no seu Estatuto de autonomía e en desenvolvemento da lexislación básica estatal sobre a materia.
Lei 14/2010, do 27 de maio, de dereitos e oportunidades na infancia e adolescencia.
1. Esta lei ten por obxecto promover o benestar persoal e social da infancia, a adolescencia e as accións de prevención, atención, protección e participación dirixidas a estas persoas co fin de garantir o exercicio dos seus dereitos, a asunción das súas responsabilidades. e a consecución do seu desenvolvemento integral.
2. Esta Lei establece o marco no que deben desenvolverse as actividades de participación e promoción dos dereitos e benestar da infancia e a adolescencia, así como as actividades de atención e protección en situacións de risco ou desamparo.
Dereitos DOS NENOS E NENAS Deberes DOS PAIS E NAIS. Todos temos dereito á protección de datos. Este dereito consiste na nosa capacidade para controlar o uso que calquera organización poida facer dos nosos datos. Os datos persoais son información que nos identifica ou pode facernos identificables, como o noso nome, NIF, unha fotografía ou unha gravación da nosa voz.
Para garantir o dereito á protección de datos, aqueles que queiran utilizar os nosos datos deberán informarnos e, no seu caso, solicitarnos o permiso. Todas estas cuestións están reguladas pola Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal. Estas regras non se aplican á nosa vida privada ou familiar e, polo tanto, ás nosas axendas telefónicas e álbums de fotos e vídeos. ... NAVEGA SEGURO!
Guía de mediación parental. Para un uso seguro e responsable de internet por parte de menores.
Consiste nun conxunto de estratexias que empregan os pais para protexer aos menores en Internet.
Quen te quere a ti? guía para pais: como educar positivamente. A Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno recoñece ás familias como un grupo fundamental da sociedade e o ambiente ideal para o crecemento dos nenos e nenas. Crecer nun ambiente familiar que lles proporcione seguridade, amor e comprensión é a mellor forma de garantir o seu desenvolvemento físico, emocional e social normal e pleno.
Educar positivamente e con bo trato significa educalos sen recorrer a berros, insultos, ameazas, humillacións, azotes ou labazadas. Estes castigos provocan dor, tristeza, medo, soidade, culpa e baixa autoestima nos nenos e nenas, e está comprobado que non son eficaces na crianza dos fillos.
AI Website Builder