O Consello escolar

O Consello Escolar é o órgano de participación dos diferentes membros da Comunidade Educativa do Centro. A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento da entidade escolar. A representación da ANPA recae en María Vila e a representación das familias en Puri Casal e Luís González.

Consello escolar

08 MAR 2024

Probas diagnósticas 2º da ESO

O profesorado acata as probas pero está en desacordo na forma proposta pola Xunta de Galicia

Orzamento para o exercicio do ano 2024.

Apróbase un orzamento tendo en conta as previsións do ano 2023.
Orzamento aprobado

Programa alerta escolar.

Infórmase que se solicitan ás familias informes sobre enfermidades e alerxias do estudantado para formar parte do programa de alertas. 

Plan autoprotección do centro.

Infórmase que se está renovando o plan de protección do centro coa realización dos correspondentes simulacros

Revisión do horario do recreo.

Abríronse dous debates no centro que están relacionados entre si:
Eliminar a docencia do luns pola tarde e desdoblar o horario de recreo en dous. Informarase sobre a evolución destes debates. 

Consello escolar

30 XAN 2024

Resultados académicos 1ª avaliación

Indícase que os resultados son similares aos de outros cursos. Os mellores resultados acádanse en 1º ESO. Reflexiónase sobre o número de estudantes con 4 ou máis materias suspensas.

Informe de convivencia

O ambiente de convivencia xeral é bo. A pesar diso o número de partes en 2º ESO resulta elevado

Informe económico ano 2023

Preséntase o balance real do ano económico 2023 que en xeral axústase ao previsto. Podes atopalo aquí. Solicítase a opinión do Consello ao respecto da dieta de acompañamento nas saídas oficiais do centro, non obxectándose en contra. 

Obras no centro

Indícase que todo o centro ten luces led despois das últimas obras de electricidade. Cambiáronse os teitos acústicos de todas as aulas. Saneouse a cafetería (electricidade, portas, pintura...). A dirección presenta un escrito no que se solicitan melloras de accesibilidade ao centro e apróbase a súa presentación ao Concello. 

Actividades extraescolares e complementarias

Infórmase sobre a organización de viaxes a París (1º BACH) acompañados por 3 membros do profesorado, Barcelona (4º ESO) acompañados por 3 profesoras e Asturias (3º ESO) acompañados por 5 membros do profesorado. Os estudantes de 1º ESO irán a Coruña a principios de Marzo.

Protocolo de uso de móbiles

Proponse o cambio da palabra 'requisar' por 'entregar en custodia'.

Comisións do centro

Renóvase a comisión de convivencia, Puri Casal será a representante das familias, e renóvase a comisión económica, sendo Luís González o representante das familias. 

Revisión do horario do rereo

Coméntase por parte da dirección e dos estudantes o desexo de ter dous recreos de 20 min o que implicaría saír ás 14:20 h. Indícase que o Claustro tamén solicitou eliminar as clases do luns pola tarde. A situación non está madura e dirección encargarase de recoller as opinións de todo o mundo.

Consello escolar

18 XAN 2024

Prohibición do uso de móbiles

Apróbase o protocolo elaborado a partir da orde da Xunta sobre o uso de móbiles nos centros escolares.
Actívase o protocolo ante a constatación de que os estudantes están máis preocupados da pantalla do seu móbil que de relacionarse con outros estudantes.
A novidade do protocolo reside na actuación ante a presenza dun estudante usando o móbil no centro.

Consello escolar

20 SET 2023 

Contratos programa

Enuméranse os contratos programa nos que participa o centro:
C.P. INCLÚE. Convívete. Coordinado por Arturo Ibañez. Programa onde están pensando na formación de mediadores.
C.P. INNOVA. Edusostenibilidade. Coordinado por Andrea Rolo. Organiza a recollida selectiva de lixo. Eduinnova. Coordinado por Laura Sánchez. Eduexcelencia. Coordinado por Ana Rodríguez. Prepararán a olimpiada de filosofía.
CLUBE DE CIENCIA. Continuará os luns pola tarde.
PLAN PROXECTA. Dentro deste plan foron solicitadas pero aínda non se coñece a resolución: Meteoescolas. Coordinado por Cristina Salgado. Fotografía en curso. Coordinado por Emma Alonso. traballarán no uso da fotografía como achegamento a aprendizaxe.
POLOS CREATIVOS. Neste programa o ano anterior formouse profesorado e este ano esperan poder aplicar os coñecementos e usar o material recibido.


Teléfono de contacto: 633 023 983      |      Correo electrónico: anpaiescc@gmail.com

AI Website Software