Actividades  organizadas pola ANPA
para as familias

Periódicamente organizaremos obradoiros, conferencias e outras actividades de interese para as familias

Benestar dixital

Baixo o paraugas da fundación cibervoluntarios a ANPA participa no proxecto PARA | PIENSA | CONÉCTATE. Este obradoiro gratuíto sobre benestar dixital ten como obxectivo educar as familias con mocidade de entre 14 e 25 anos no uso saudable e empático de Internet, para evitar situacións como a adicción á tecnoloxía ou outros riscos de saúde física e mental derivada do mal uso da rede. Neste obradoiro aprenderemos a identificar situacións e actitudes prexudiciais en Internet, a actuar para xestionalas da mellor maneira posible ou denuncialas se é necesario.

Os estudantado recibirá un obradoiro similar, adaptado a cada curso e individual en cada aula, durante o mes de Maio.

Mobirise Website Builder

Campaña de recollida de leite - Vida Digna

Vida Digna é unha asociación sen ánimo de lucro que leva a cabo os seus proxectos co apoio de diversas entidades e empresas colaboradoras. O seu obxectivo é unha axuda integral aos necesitados.

A nosa ANPA, apoia e colabora nesta campaña organizando, xunto co centro, a recollida de leite no vestíbulo do Instituto. 
 

Mobirise Website Builder

Teléfono de contacto: 633 023 983      |      Correo electrónico: anpaiescc@gmail.com

AI Website Creator