Nais e pais preocupados pola formación das nosas fillas e fillos. Iso é o que nos move, o que nos dá a forza para contribuír a artellar a comunidade educativa que se sustenta en dous piares: docentes e familia.
Educar vai máis aló do coñecemento, atinxe aos valores. E aí radica o noso traballo.
Dende a ANPA IES CARLOS CASARES estamos para asistir en todo o que incumbe á educación dos nosos fillos e fillas e para promover a participación das familias. A ANPA está en permanente comunicación coa Dirección do Instituto ademais de formar parte tamén do Consello Escolar, representando ás persoas asociadas, dándolles voz e voto nas reunións que se levan a cabo no Centro.
Apostamos pola diversidade, pola educación inclusiva e defendemos a conciliación da vida familiar e laboral.
Dende a ANPA IES CARLOS CASARES participamos en diferentes aspectos da vida educativa da nosa descendencia:
Organización dun banco propio de préstamo de libros para as persoas socias.
Subvención, ás familias socias, de actividades educativas fóra do centro: traslados, entradas de actividades.
Subvención, ás familias socias, de actividades educativas no centro:
Teatro, conferencias.
Organización de actividades extraescolares: teatro, xadrez, debuxo...
Participación e organización de actividades escoalres: magosto, nadal, fin de curso, excursións.
Talleres para familias.
Cubrindo e entregando a ficha de persoa asociada e pagando a cota de curso.
A cota por familia é de 16 EUROS, independentemente do número de descendentes no centro.
As familias que queiran formar parte da ANPA IES CARLOS CASARES, deberán facer o ingreso da cota no seguinte número de conta:
ES65 0182 7650 1202 0157 2641
CONCEPTO: NOME E APELIDOS DA PERSOA ESTUDANTE E O CURSO
Esta ficha irá no sobre de matrícula. Entregarase a ficha de socio debidamente cumprimentada e o resgardo de ingreso da cota no interior do sobre de matrícula.
Podes facerte familia socia en calquera época do ano. Debes cubrir a ficha e proceder ao pago e enviar o resgardo de pago e a ficha cuberta ao correo electrónico da ANPA: anpaiescc@gmail.com
Ollo! para ter opción a recibir libros do banco, tes que entregar a ficha cuberta e o resgardo de pago coa matrícula.
Free AI Website Maker