Últimas novas

Aquí terás as últimas novas xeradas pola ANPA 


Próxima asemblea xeral da ANPA
17 Xuño 2024. Podes consultar a orde do día aquí 


Mobirise Website Builder
Parabéns equipo!!

ANPA 17-05-2024
O IES Carlos Casares, coa representación dos seus estudantes triunfa na Liga Maker Drone 2024.
Deseñar, programar e facer voar un sistema nun dron para neutralizar niños de velutina foi o reto que tiveron que superar os oito estudantes do Casares. Orgullosas!!

Mobirise Website Builder
Porcentaxe de familias socias que reciben libros do banco.
ANPA 12-10-2023

O banco de libros está formado polos libros doados e mercados pola ANPA que son repartidos entre as familias socias. Este ano conseguimos que as familias socias de 1º ESO tivesen todas libros. En 3º ESO e 2º BACH, onde houbo poucas familias doantes, quedamos lonxe dunha situación óptima. Confiamos en reverter esta situación o ano que vén. 

Mobirise Website Builder
Número de libros que recibe cada familia socia.
ANPA 12-10-2023

O número medio reflicte a media de libros recibidos por cada familia. Sen dúbida, para as familias socias supuxo un aforro importante xa que hai familias que recibiron a maior parte dos libros e, en xeral, máis de dous libros. Tendo en conta que ser familia socia supón 16 € e que este ano o prezo medio dun libro eran 40 €, estamos chegando ao obxectivo de que os libros sexan gratuítos. Isto conséguese grazas a doazón de libros. Doar, ten premio para todas as familias! Ánimo e doa cando remate o curso.  

Teléfono de contacto: 633 023 983      |      Correo electrónico: anpaiescc@gmail.com

AI Website Generator