Estes libros non son recomendacións explícitas. Son recopilados de diversas fontes de información que acompañamos dunha sinopse ou crítica, esperando que te axuden a elixir lectura. Podes enviarnos reseñas que consideres que as demáis familias deban coñecer.
DAVID BUENO.
Neste magnífico libro, o doutor David Bueno, biólogo e neuroeducador de renome mundial, convídanos, dun xeito maxistral e entretido, a descubrir o que acontece no cerebro dos adolescentes coa intención de coñecelos e entendelos. Por que os adolescentes van para a cama tan tarde? É normal que o cuestionen todo? Sabías que están máis indefensos que os adultos ante o estrés e son máis propensos á ansiedade ou á ira? Por que o seu cuarto está tan desordenado? Os adolescentes son diferentes, porque o seu cerebro tamén o é: máis forte e, ao mesmo tempo, máis vulnerable que en calquera outra etapa da vida. Os adolescentes compórtanse como adolescentes porque iso é o que son e o que teñen que facer. A adolescencia é unha época de cambio, renovación e crecemento para o cerebro. Para abandonar os comportamentos típicos da infancia e adquirir comportamentos adultos, o cerebro madura, establece novas conexións e elimina outras. É un momento de certo caos, pero tamén emocionante, de descubrimento e renacemento. Ao longo destas páxinas atoparemos información valiosa que nos axudará a estimulalos e empoderalos, dar exemplo, ser respectuosos cos seus ritmos de maduración, apoialos emocionalmente cando o precisen e, en definitiva, entender a adolescencia como un proceso necesario e marabilloso tanto para aqueles que a percorren como para os que os acompañan.
MARINA MARROQUÍ ESCLAPEZ.
Somos conscientes do que o porno nos está ensinando sobre o sexo? Unha sexualidade alternativa, saudable, respectuosa e feliz é máis necesaria que nunca!
Nos últimos anos, a educadora social Marina Marroquí emerxeu como unha das activistas máis relevantes pola igualdade de xénero no noso país.
Nos centos de obradoiros que imparte en institutos de toda España, demostrou que conecta como ninguén cos adolescentes.
Así, detectou que hoxe a gran urxencia é gañarlle ao porno a batalla pola educación sexual dos nosos mozos, que acceden a vídeos e outros contidos pornográficos de forma masiva, de balde, sen filtros e en idades cada vez máis novas. Mais información aquí.
ROCÍO RAMOS-PAÚL, LUIS TORRES.
«Por que un estraño na casa? Tes un fillo que cumpre 14 anos e de súpeto aparecen facetas del que non sabías 'O meu fillo é un estraño para min', díxonos unha nai sentada no despacho da consulta, 'Non o entendo, é coma se fora secuestrado por alieníxenas.'' continuou.
Rocío Ramos-Paúl, coñecida polo programa de televisión Supernanny, conta a súa experiencia como experta na materia e dános as claves para non desesperar á hora de tratar de comprender aos nosos fillos nun momento da súa vida que moitas veces nos volve tolos.
Mobirise.com