Bolsas e axudas

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes extenderase desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.
Mobirise Website Builder
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E DEPORTES 04-06-2024

Poderás atopar información xeral e a convocatoria nesta páxina do Ministerio: Máis información! 
Poderá solicitar esta axuda o alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que teña unha necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais e que estea cursando estudos nun centro determinado, nunha unidade de educación especial dun centro ordinario ou nun centro ordinario que forme alumnado con necesidades educativas especiais, calquera dos niveis educativos non universitarios.

Así mesmo, poderán solicitar axudas o alumnado con TEA e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Mobirise Website Builder
Axudas para libros de texto e material escolar da Xunta de Galicia

XUNTA DE GALICIA 22-05-2024
Do 21 de maio ao 21 de xuño, as familias poderán realizar as súas peticións para o vindeiro curso nas axudas de libros, fondo solidario e bono de material.
os trámites presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.

Mobirise Website Builder
Axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Ministerio de educación y Formación Profesional 01-04-2024

A convocatoria para o curso 2024/2025 publicouse o 19 de abril de 2024. O prazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Todo o proceso de solicitude de bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez cumprimentado, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo onde vaias estudar, se non tes certificado electrónico.

Toda a información Aquí.

Mobirise Website Builder
programa VIGO EN INGLÉS
Alumnado que estea a cursar 3º da ESO.
Concello de Vigo 04-04-2024

Todos os datos do programa: requisitos, bases, documentación a presentar, como participar, formulario de solicitude, díptico e cartaz, así como prazos de presentación e distinta información doutras edicións do programa, está no seguinte enlace: Aquí

Mobirise Website Builder
Convocatoria de becas para o curso 2024-2025.
FP, bacharelato e outros estudos non universitarios. Estudos universitarios
Ministerio de educación, formación profesional y deportes 19-03-2024

O prazo para solicitar a bolsa da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é desde o 19 de marzo de 2024 ás 9.00 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15.00 horas. (horario peninsular). Non o deixes para o final. Solicita a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas estudar ou non.

Podes atopar o enlace da convocatoria, FP, bacharelato e outros estudos non universitarios aquí.
Podes atopar o enlace da convocatoria, estudos universitarios aquí.

Mobirise Website Builder
ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024
ANPA 19-02-2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunícase a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

Podes atopar o enlace da nova aquí.

Teléfono de contacto: 633 023 983      |      Correo electrónico: anpaiescc@gmail.com

Website Building Software