20 €
Neste curso de teatro os estudantes desenvolven as súas habilidades de comunicación verbal e non verbal. Axuda aos estudantes a fortalecer a súa autoestima e confianza. Sendo unha forma de arte colaborativa, aprenden a traballar en equipo e cultivar a empatía cara aos demais.
HORARIO: 15:00 - 16:30 h
PROFESOR: Juan Lois Rei - 635 167 942
20 €
Durante o curso os estudantes non só desenvolven habilidades técnicas senón que tamén exploran a súa creatividade e proporciona unha forma de autoexpresión persoal desenvolvendo a paciencia e constancia.
HORARIO: 15:00 - 16:30 h
PROFESOR: Sergio Covelo - 669 610 274
15 €
Os estudantes exploran diferentes estilos de movemento e expresión corporal a través da música actual. Favorece a creatividade, a coordinación e a forma física, ao tempo que lles permite gañar confianza e expresarse libremente. Ao ser unha actividade grupal, tamén potencia o compañeirismo e o respecto polos demais.
HORARIO: 15:00 - 16:30 h
PROFESORA: Anabel Abalde Campos - 687 150 078 (EnDanza)
25 €
Cada vez somos máis as escolas, entidades, profesionais e familias que facemos uso da lingua de signos a nivel persoal , profesional e social.
Este idioma permítenos establecer relacións non só coa comunidade xorda, tamén con compañeiras, compañeiros e persoas con dificultades na comunicación ou expresión da linguaxe verbal vense beneficiados no uso dos recursos gramaticais desta lingua.
De xeito ameno práctico e divertido aprendemos nocións básicas para comunicarnos con apoio dos signos e descubriremos vantaxes e beneficios neste idioma a nivel persoal e social, a través de actividades didácticas e xogos,.
Unha actividade para fomentar valores de respecto a diversidade social e lingüística e a desenvolver as nosas habilidades comunicativas.
HORARIO: 15:00 - 16:30 h
PROFESORA:Aránzazu Casas, formadora e directora de AZ. lengua de signos.
Best AI Website Creator